Xornada sobre Medios Tecnolóxicos de Investigación Penal

Ponente: Eloy Velasco Nuñez. Maxistrado da Audiencia Nacional

IMG_0270 IMG_0271
 

Designación e nombramento da Delegada de Protección de Datos

Máis información:

Dlegada_PD

 

Comunicado colexio: folga administración de xustiza

Ver comunicado:

Comunicado
 

FOLGA DE XUSTIZA

O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA MOSTRA A SUA PREOCUPACIÓN POLA FOLGA DE XUSTIZA E CHAMA AS PARTES A RETOMAR O DIÁLOGO

A Coruña, 5 de febreiro de 2018. Ante a folga indefinida convocada polos funcionarios públicos ao servizo da Administración de Xustiza a partir do próximo día sete de febreiro, o Consello da Avogacía Galega quere realizar as seguintes declaracións:

  • A folga anunciada levará inevitablemente un grave quebranto no funcionamento dun servizo publico tan transcendente para a cidadanía como o é a Xustiza.
  • Por esa razón realizamos un chamamento ás partes para que retomen o diálogo e para que colaboren activamente na consecución dunha solución satisfactoria para todos. Só así poderá garantirse o funcionamento da Administración de Xustiza en condicións adecuadas e darse resposta á prestación dun servizo esencial que é á vez un dos valores recoñecido no artigo 1 da Constitución Española.
  • A Avogacía confía no bo sentido de todos e apela ao sentido da responsabilidade, que debe imperar para superar o conflito.

 

Sobre o Consello da Avogacía Galega

O Consello da Avogacía Galega, creado en 1993, é o órgano superior da administración colexial da avogacía galega, aglutinando a tódolos Colexios de Avogados de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

 

Así, ten por obxecto agrupar e coordinar os distintos colexios integrados, e asumir a súa representación en cuestións de interese común profesional, no ámbito autonómico. Como máximo representante da profesión en Galicia, o Consello vela polo correcto exercicio da profesión e é o máximo interlocutor perante a administración e a sociedade. Entre outras funcións, ocúpase de coordinar a acción dos Colexios de Avogados de Galicia, exercer o control deontolóxico dos seus membros, organizar o servizo de orientación xurídica e a quenda de oficio e procurar a formación continuada dos profesionais.

 

Reclamación accidentes de tráfico

Dende o pasado 1 de xaneiro, está en funcionamento a plataforma para a xestión automatizada das reclamacións de danos persoais derivados de accidentes de circulación.

Esta plataforma pretende a búsqueda dunha solución técnica que permita aos/as avogados/as, previamente identificados/as co seu certificado ACA,  traballar nun entorno seguro de comunicacións coas aseguradoras á hora de presentar a estas últimas, e en nome dos seus clientes, as reclamacións correspondentes, garantizando a identidade dos/as avogados/as, a integridade dos documentos e a seguridade da comunicación entre o/a avogado/a e a aseguradora.

Co desenvolvemento desta plataforma, o/a avogado/a dará cumprimiento á obrigación establecida na Ley 35/2015, ao tempo que atenderá as previsións do novo Reglamento de protección de datos da Unión Europea, xa que a plataforma está adaptada aos requerimentos de seguridade esixidos por esta norma e, por suposto, dará cumprimiento ao deber de secreto profesional.

É importante destacar que, como recolle o Convenio, o uso desta plataforma é voluntario para o/a avogado/a que desexe empregala; ademais, o servizo terá un coste para o/a avogado/a que empregue a aplicación e por outra parte para a aseguradora. O coste para o/a avogado/a é de 1€ por trámite que realice e 3€ por certificado (certificado para aportar en xuizo), cantidades que inclúen o IVA.

Así mesmo, destacar que dentro do convenio foi incluído que este servizo non terá coste para os/as avogados/as cando estén actuando en defensa dun beneficiario do dereito de Xustiza Gratuita, facilitando a defensa dos/as avogados/as que estén actuando baixo estas condicións.

Está a disposición de todos/as os colexiados/as un banner nesta misma páxina web onde se pode acceder a dita plataforma; tamén é posible acceder a través da seguinte ligazón:

RECLAMACIÓN ACCIDENTES DE TRÁFICO

As  consultas de funcionamiento ou incidencias na aplicación serán atendidas directamente a través desta conta de correo, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

 

Almanaque 2018

Prezados compañeiros e compañeiras:

A Xunta de Goberno e os traballadores e traballadoras deste Ilustre Colexio de Avogados, desexámosvos un 2018 cheo de grandes datas que lembrar, grandes alegrías, así como seguímosvos pedindo a vosa colaboración e axuda, sen a cal non se pode construír unha Avogacía forte e un Colexio de todos e todas. Con moito agarimo, a vosa Decana.

Pilar López-Guerrero Vázquez.

 

Almanaque 2018

Calendario2018

 


Páxina 2 de 6