Información

De conformidade con art. 11.º (E.G.A.E)

Para o exercicio da avogacía é obrigatoria a colexación nun Colexio de Avogados, agás nos casos determinados expresamente pola Lei ou por este Estatuto Xeral. Abondará a incorporación a un só Colexio, que será o do domicilio profesional único ou principal, para exercer en todo o territorio do Estado.

Conforme o art. 15.º (E.ICA.OU.)

Para pertencer ao Colexio de Avogados de Ourense será preciso cumpri-los requisitos esixidos pola lexislación estatal e se fose necesario pola autonómica, polo Estatuto Xeral da Avogacía Española e demais normas que fosen de aplicación, solicitar a incorporación ao colexio e aboar os dereitos de incorporación que se puidesen establecer.

A incorporación de novos/as colexiados/as é un servizo administrativo que se presta nas oficinas da secretaría, situada na sé central do Colexio de Avogados en Rúa Concello, 22, onde se atenden as solicitudes das novas incorporacións (tanto exercentes coma non exercentes), incorporación de colexiados/as procedentes doutros países da UE e doutros países non comunitarios.

 

  • Horario:

De 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas, de luns a venres.

 

  • Departamento de altas colexiais:

Juan Luis Álvarez Soto.

Teléfono: 988.210.076 Ext. 0

Correo-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo