Requisitos e documentación

Documentación a entregar para realiza-los procesos de alta ou baixa no Colexio.

ALTA: COMO EXERCENTES.

1.- Solicitude escrita por parte do interesado dirixida á Excma. Sr. Decana do Colexio de Avogados, na que se expresará o seguinte:

1.1.- Se se propón darse de alta como Letrado exercente ou non exercente.
1.2.- Se pertence ou pertenceu outros Colexios de Avogados, determinando no seu caso cales foron os periodos en que se pertenceu aos mesmos.
1.3.- Declaración baixo a responsabilidade do solicitante, se existe ou non algunha causa de incompatibilidade que poida concurrir e prevexa o Estatuto Xeral da Avogacía.
1.4.- Cumprimentar a folla, que se acompaña de datos persoais do solicitante.

2.- Con devandito escrito, acompañarase a seguinte documentación:

2.1.- Título de Licenciado en Dereito.
A. Título profesional de Avogado regulado na Lei 34/2006, de 30 de Outubro.
B. Licenciados en Dereito con posterioridade ao 31 de outubre de 2011:
B.a) Título de licenciado en Dereito con expresa mención da data de finalización dos estudos, que será a data da completa de superación dos estudos universitarios conducintes á obtención do título universitario da licenciatura. Disporase dun plazo máximo de dous anos, a contar dende o momento no que se atopen en condicións de solicitar a expedición do título oficial de licenciado en Dereito.
B.b) Se non se dispón de documento acreditativo do Título de licenciado deberá presentar certificación académica persoal da licenciatura en Dereito cursada, na que se inclúa expresamente a data de finalización dos estudios conducintes á obtención do título universitario da licenciatura en Dereito xunto o resgardo do depósito aboado para a expedición do título de licenciado en Dereito. Disporase dun prazo máximo de dous anos, a contar dende o momento en que se atopen en condicións de solicitar a expedición do título oficial de licenciado en Dereito.
NOTA: La documentación a que se refiere este apartado 2.1 A) y B) deberá ser original o compulsada notarialmente.
2.2.- Certificación de carecer de antecedentes penais, que inhabiliten para o exercicio da profesión. (A través do Rexistro Civil ou ben na web: www.mjusticia.gob.es.)
2.3.- Solicitude de incorporación á Mutualidade da Avogacía Española ou de alta no RETA (Réxime de traballadores autónomos). A este fin, comentar que, unha vez feita a elección de mutualidade ou RETA, se ha eleccion é RETA, esta é irreversible, non podendo darse de baixa, aínda que a Mutualidade é compatible co RETA.
De incorporarse como letrado exercente por conta allea, deberá presentar certificación da empresa, que acredite que dito letrado está contratado como avogado con dedicación exclusiva, e o número de afiliación ao RETA do letrado a seguridade social.
2.4.- Impreso de ALTA no Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.).
2.5.- Certificado do Consello Xeral da Avogacía Española, relativo aos antecedentes do solicitante. Devandito certificado pódese solicitar a través do Colexio de Avogados, previo pago de 165,95 €.
2.6.- Declaración xurada do solicitante, na que manifestará se exerce ou non función na Administración, en caso afirmativo, expresará a natureza e categoría da súa función, e aportará certificación expresiva de que non incorre en causa de incompatibilidade co exercicio da profesión.
2.7.- Dúas fotografías tamaño carné.
2.8.- Aboar CATROCENTOS EUROS (400 euros) por dereitos de incorporación.
2.9.- SEGURO RESPONSABILIDADE CIVIL: Obrigatorio.
  • Dende a data de incorporación ata o mes de abril, o seguro de responsabilidade civil (cobre ata 500.000 €) está contratado sen coste algún. A partires do mes de abril o prezo da prima é anual (de abril a abril) que se xirará na conta de domiciliación

ALTA: COMO NON EXERCENTES.

Deberán cumprir tódolos requisitos anteriores, excepto os puntos:

  • 2.2

  • 2.3

  • 2.4

  • 2.6

  • 2.9

Nos seguintes puntos:

  • 2.5. O importe da certificación será para este suposto de 101,58 € IVE Incluído (Segundo acordo CGAE de 22/07/11).

  • 2.8 A cantidade a aboar e dunha soa vez, como dereitos de incorporación é de DOUSCENTOS SETENTA E CINCO EUROS (275 euros).

 

A FORMA DE PAGO A REALIZAR POLOS CONCEPTOS EXPRESADOS FARANSE MEDIANTE INGRESO EN CONTA BANCARIA:

2100-6530-74-2200145577

 IBAN: ES40 2100 6530 7422 0014 5577

(LA CAIXA, O.P. OURENSE, RÚA JUAN XXIII) INDICAR CONCEPTO, NOMBRE E D.N.I. DO INTERESADO PARA COLEXIACIÓN.

Adxuntar xustificante de pago co resto da documentación. (OBRIGATORIO)

 

LETRADOS PROCEDENTES DE OTROS COLEGIOS.

1.- Solicitude escrita por parte do interesado dirixida á Excma. Sra. Decana do Colegio de Avogados, interesando o alta no mesmo.

2.- Certificación do Colexio de procedencia no cal constará a data de incorporación así coma os diferentes cambios de situación colexial se os houbese. Se o colexiado é de fóra de Galicia deberá acreditar o importe aboado como dereitos de incorporación.

3.- Certificación del Consejo General de la Abogacía.

4.-  Comprimentar a folla correspondente aos datos personais así coma dos bancarios na que se cargarán as cotas colexiales.

5.-  Xustificante de estar dado de alta na Mutualidade da Avogacía Española ou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. (No caso da incorporación como colexiado exercente por conta propia). A incorporación coma exercente por conta allea xustificarase cunha certificación da empresa que acredite co colexiado estará contratado como Avogado en dedicación exclusiva, e facendo constar o número de afiliación ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

6.- Fotografía tamaño carné.

 

Descarga Documentación:

Datos Colexiado (DOCX):

Solicitude Colexiación (DOC):

datos

colexiacion

 

Modelo solicitude incorporación

exercente (DOC):

 

Modelo solicitude incorporación

non exercente (DOC):

Modelo incorporación exercente

Modelo incorporación non exercente

 

Orde domiciliación (DOC):

 

Cambio de situación colexial

(DOC):

Orde domicialiación

colexiacion

No caso de non poder visualiza-lo ficheiro pode descargar un lector de PDFs aquí.