Documentación e requisitos esixidos

Neste apartado detállase a documentación e requisitos que deben aportar os solicitantes

Documentación opcional:

  • Fotocopia do NIF ou, no caso de ser estranxeiro/a, pasaporte, tarxeta ou permiso de residencia.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Nóminas dos últimos 3 meses ou certificación do inem acreditativa de estar en situación de desempregado/a ou de percepción de prestacións, de ser o caso.
  • No caso de pensionistas: certificación do INSS, I.S. da Mariña, ONCE e das prestacións que percibe na súa condición de pensionista.
  • Declaración xurada de ingresos (no caso de non ter nómina).
  • Certificado de empadroamento do/a solicitante e das persoas con que conviva.
  • Copia do contrato de aluguer da vivenda e do recibo de aluguer.
  • Sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador.
  • Certificado de signos externos e do pagamento de impostos locais expedidos polo concello.
  • Copia da ou das denuncias formuladas cando a solicitude se formule baseándose en malos tratos ou calquera suposto de violencia doméstica.
  • Copia do documento, sentenza ou título que se pretenda executar.
  • No caso de ser autónomo/a, declaracións trimestrais 130 e 300 dos tres últimos trimestres.
  • De ser o caso, certificación acreditativa da discapacidade do/a solicitante.
  • Documentación referente á pretensión por defender.

 

Documentación obrigatoria:

  • Informe da vida laboral expedida pola Tesouraría da Seguridade Social.
  • Certificado de liquidación do IRPF, ou, no caso de non terse realizado, certificación negativa.
  • Certificación do Catastro da propiedade inmobiliaria relativa aos bens inmobles do solicitante.