Asistencia xurídica gratuita (AXG)

O Servizo de Orientación Xurídica (SOX) do Colexio de Avogados de Ourense foi creado coa finalidade de asistir e asesorar a todos aqueles cidadáns que teñen dereito ao beneficio de Asistencia Xurídica Gratuíta (AXG), segundo o establecido na Lei 1/96 do 10 de xaneiro e polo Decreto 269/2008 do 6 de novembro, polo que se aproba o regulamento de asistencia xurídica gratuita da CCAA de Galicia.

Este Servizo de Orientación Xurídica é atendido polo persoal administrativo do Colexio e por 8 avogados/as da Comisión de asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio.

As súas funcións son:

  • Informar aos/ás solicitantes da documentación e requisitos necesarios para poder solicitar o dito beneficio.
  • Recollida da solicitude e documentación.
  • Asesoramento ao/á solicitante para facilitarlle a tarefa de cubrir o formulario de solicitude.
  • Comprobar que a solicitude cumpre os requisitos esixidos pola lei.
  • Finalmente, se a pretensión é viable, o/a solicitante cumpre todos os requisitos esixidos e a comisión informa favorablemente, designarase un/unha avogado/a provisionalmente e remitirase o expediente á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuita para a súa aprobación definitiva.

 

Trámites que se deben seguir:

  • Entrega da solicitude e documentación requiridas.
  • Entrevista cos letrados do SOX.
  • Designación provisional de letrado ou denegación.
  • Remisión do expediente á Comisión Provincial (AXG).
  • Recoñecemento do beneficio de asistencia xurídica gratuita pola Comisión Provincial ou denegación.
  • No caso de denegación pódese recorrer no prazo de 5 días ante a dita Comisión Provincial.

 

Horarios:

  • Entrega de solicitudes: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Entrevista cos/as letrados/as do SOX: luns, mércores e venres de 09:30 a 10:30 horas.

 

 

Persoal administrativo: Mª Carmen García.
Teléfono: 988 210 076 Ext.: 9

 

ASISTENCIA XURÍDICA GRATUITA
SERVIZO DE ORIENTACIÓN XURÍDICA DO ILUSTRE COLEXIO DE AVOGADOS DE OURENSE
Rúa Concello, 22
Ourense