Servizo Mediación

PRESENTACIÓN do “Servizo de Mediación Intraxudicial de Ourense”

O “Servizo de Mediación Intraxudicial de Ourense” nace fruto dun Convenio de colaboración suscrito o 03 de agosto 2010 entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, o Ilustre Colexio de avogados de Ourense e o Colexio Oficial de Psicología de Galicia, para a implantación experimental dun programa de mediación intraxudicial.

O obxecto do convenio é desenvolver un programa de mediación intraxudicial en Ourense, con carácter gratuito, constituido por un equipo permanente de comediación, composto por un mediador procedente do ámbito do dereito e un mediador procedente do ámbito da psicología, así como polos seus respectivos suplentes.

Este Servizo constitúe a segunda experiencia piloto levada a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia, comenzando a súa actividade de mediación propiamente dita, a mediados do mes de marzo de 2011.

A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflictos antiformalista e flexible que busca facilitar a comunicación entre as partes implicadas para que, asistidas por un equipo de profesionais mediadores, estas poidan alcanzar un acordo satisfactorio para ambas.

Cando falamos de mediación intraxudicial referimonos á introducción desta dentro dun proceso xudicial xa aberto. Así, a mediación intraxudicial é un sistema complementario á Administración de Xustiza, no que se da a oportunidade ás partes de chegar a unha solución consensuada por elas, coa axuda dun terceiro cualificado e imparcial, que non ten poder de decisión.

A mediación familiar intraxudicial non conleva, de ninguna maneira, a relegación da actividad dos avogados, senón polo contrario, supón unha actividade complementaria na que os profesionais da avogacía poden e deben intervir.

O avogado xoga un papel fundamental no procedemento de mediación familiar antes do seu xurdimento e despois de que aquel finalice:

− Antes do inicio do procedemento de mediación: é preceptiva a intervención do letrado en tódolos procedementos de familia. Ademais, é convinte que o letrado acompañe ao seu cliente á sesión informativa presencial e participe da mesma, a fin de asesoralo sobre a conveniencia ou non de aceptar o inicio da mediación.

− Durante o procedemento de mediación: el asesoramento do profesional da avogacía é esencial. O mediador non representa, nin asesora legalmente ás partes. Tampouco pode presentarlles propostas de solución xa que é imparcial e neutral. E, aínda que as partes que acuden á mediación familiar son protagonistas principais, o letrado da súa confianza velará para que a mediación sea beneficiosa para o seu cliente, vixilando que non se vulneren, en ningún momento, os seus dereitos e intereses.

− Despois do procedemento de mediación: se as partes alcanzaron un acordo, serán os letrados os que lle den forma xurídica e o presenten, no seu caso, ante o Xuíz. Se as partes non alcanzan un acordo, será el avogado o que asesore a o seu cliente sobre os pasos a seguir na vía xurisdiccional.

Tanto o Convenio de Colaboración, como o Protocolo de Derivación acordado pola Xunta Sectorial de Xuices de Primeira Instancia de Ourense, salvaguardan o principio de confidencialidade da mediación. Pola súa parte, o Equipo de Mediación Intraxudicial Ourense garantiza a súa máis absoluta reserva sobre a información manexada ao longo de todo o proceso de mediación. En concreto, se unha das partes decidise non iniciar a mediación ou, unha vez iniciada, a dise por finalizada sen chegar a acordo, este Servizo soamente informaría ao Xulgado deste feito, sen indicar que parte tomou a decisión.

Como consecuencia da cláusula de confidencialidade, os membros do Equipo de Mediación non poderán ser citados como testigos nin como peritos.

Actualmente, o “Servizo de Mediación Intraxudicial de Ourense” presta os seus serviczos nas dependencias sitas en Praza Concepción Arenal, s/n – Baixo Esq. 32071 Ourense, en horario de 08:00 a 15:00 horas, os martes e xoves, podendo dirixirse ao mismo no teléfono: 988386934 een o correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo