Oficina de Intemediación Hipotecaria

Solicitude (DOC):

Código boas
prácticas (PDF):

Modelo suspensión
execución (DOC):

Convenio CGPJ-Xunta-Fegamp

sobre desfiuzamentos (PDF):

Solicitude OIH Código Boas Prácticas Modelo suspensión execución Convenio

 

CONDICIÓNS DO SERVIZO.

 

1.- A actuale crise financeira traducíuse, de entre outras, nun aumento indiscriminado de situacións residenciais precarias ao verse aas familias incursas na imposibilidade de facer fronte ás cargas hipotecarias das súas vivendas , o que xerou un aumento das execucións xudiciais que finalizan na maioría dos casos no desafiuzamento.

2.- A conciencia social dese problema trouxo consigo distintas iniciativas que teñen como obxecto procurar unha solución que minimice o impacto que a perda da vivenda poida supor nalgúns supostos, ben mediante a conversión da débeda hipotecaria nun arrendamento, ben a entrega da vivenda considerándose con elo saldada a débeda (dación en pago)

3.- A Avogacía Institucional non é allea á actual problemática que entende esixe, para a resolución desos conflictos, duhna información e asesoramento previo á vez que dunha intermediación entre os afectados, máxime con quen nestes casos pode non dispor de medios económicos para obtelo, pois o Beneficio de Xustiza Gratuíta ou os Servizos de Orientación Xurídica dos Colexios de Avogados non alcanzan, por no formar parte dos seus cometidos lexislativo e funcional.

Así, se trata dun servizo de información, asesoramento e soporte dirixido ás persoas e familias que teñen dificultades para facer fronte aos pagos dos préstamos hipotecarios e poden atoparse , por esta causa, en risco de perder o seu enderezo habitual.

A intermediación residencial é un procedemento que facilita a comunicación entre a parte debedora e a entidade financeira, para atopar unha solución antes dunha demanda de execución hipotecaria e/ou durante o proceso desta nos supostos de rebeldía procesal, ou habendo letrado/a designado, colaborar co mesmo ao obxecto de chegar a unha transacción. Facilítase, por tanto, información e asesoramento dende unha perspectiva legal, á vez que se media coa outra parte interesada.

Os obxectivos son :

a.- Plantexar medidas correctoras que permitan manter o pago das cotas hipotecarias e eviten a iniciación de procesos de execución hipotecaria.

b.- Negociar medidas alternativas ás dificultades derivadas do impago e faciliten a conservación da vivienda por parte da persona ou núcleo familiar.

c.- Evitar, sempre que sexa posible, os lanzamientos derivados da falta de pago dos créditos hipotecarios.

d.- Informar ás persoas e familias sobre a posibilidade de abordar as dificultades de pago da hipoteca da súa vivienda habitual

e.- Asesorar de forma personalizada sobre os procedementos concretos que hai que realizar antes de, ou xusto ao inicio da situación de impago da hipoteca.

f.- Atopar solucións acordadas entre deudor e a entidade prestamista para aquelas situacións que teñen perspectiva de mellora ou que, con determinados cambios na relación poden conquerir solucións efectivas que non deriven dunha execución hipotecaria.

g.- Utilizar os mecanismos de intermediación residencial para aquelas situacións vinculadas a posibles execucións hipotecarias.

Os destinatarios son:

Persoas, familias ou unidades de convivencia empadroadas en Ourense, propietarios/as dunha vivenda que constitúa domicilio habitual, que poidan verse afectadas por situacións de risco residencial e que poidan derivar en execucións hipotecarias, ou outras que xa se atopen inmersas en procedementos de execución hipotecaria

Situacións previstas:

Aquelas nas que, ainda que no se deixase de pagar, se precisa información das posibilidades e das consecuencias derivadas dun posible impago. Situacións nas que non producíndose o impago, se queira buscar unha solución ca entidadr financeira ante a previsión de que elo ocurra e se requira unha intermediación para conquerir mellores condicións para poder continuar pagando.

Igualmente aquelas situacións nas que se deixase de pagar, se interpuxese a demanda e o cidadán/á se atopase en calquera das fases procesais, incluso a de lanzamento, e sen letrado que o defenda, sen perxuízo de colaborar co mesmo na busca de solucións pactadas.

É por elo que na súa Función Social, a Avogacía é sensible a estas situacións, pola que impulsou o CONSEJO GENERAL DE LA ABOGACIA ESPAÑOLA e O CONSELLO DA AVOGACIA GALEGA a creación de Oficinas de Intermediación Hipotecaria (OIH) a través dos Colexios Provinciales de Avogados.

A prestación deste servizo é gratuíto para os usuarios, aportando o Ilustre Colexio de Avogados a súa infraestructura e medios materiais e o Concello unha colaboración económica para facer fronte aos gastos de implantación e funcionamento da oficina.

Créase a O.I.H. que terá a súa sé no Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, rúa Concello 22 baixo.

A organización e funcionamento de devandita oficina corresponderá ao Ilustre Colexio de Avogados de Ourense mediante a atención ao público na sé Colexial sita en Concello 22 Baixo. O Colexio designou un letrado cordinador do servizo, D. José Miguel Caride Domínguez, vocal da Xunta de Gobierno.

A O.I.H., a través das personas que formen parte do servizo xurídico, terá por obxecto o asesoramento das persons físicas, empadroadas en Ourense, titulares dun crédito hipotecario sobre vivienda habitual en situación de impago ou risco do mesmo, así coma a mediación coas entidades financeiras ao obxecto de alcanzar un acordo ou transacción.

O servizo non alcanzará a defensa procesal nin por elo o persoamento en procedemento xudicial algún, sen perxuizo da derivación que puidera facerse aos Servizos de Orientación Xurídica do Colexio de Avogados para a obtención do Beneficio de Xustiza Gratuíta no seu caso.

 

COMPOÑENTES DA O.I.H.:

  • José Miguel Caride Domínguez
  • José Abundancia Domínguez
  • Belén Polo Rodríguez
  • Cándido Soria Fortes
  • Ángel María Fernández Cebrián
  • Paula Gómez Justo
  • Luis Moreiras Valencia
  • Rodrigo González López
  • Pablo Arturo Quintas Álvarez