Reclamación accidentes de tráfico

Dende o pasado 1 de xaneiro, está en funcionamento a plataforma para a xestión automatizada das reclamacións de danos persoais derivados de accidentes de circulación.

Esta plataforma pretende a búsqueda dunha solución técnica que permita aos/as avogados/as, previamente identificados/as co seu certificado ACA,  traballar nun entorno seguro de comunicacións coas aseguradoras á hora de presentar a estas últimas, e en nome dos seus clientes, as reclamacións correspondentes, garantizando a identidade dos/as avogados/as, a integridade dos documentos e a seguridade da comunicación entre o/a avogado/a e a aseguradora.

Co desenvolvemento desta plataforma, o/a avogado/a dará cumprimiento á obrigación establecida na Ley 35/2015, ao tempo que atenderá as previsións do novo Reglamento de protección de datos da Unión Europea, xa que a plataforma está adaptada aos requerimentos de seguridade esixidos por esta norma e, por suposto, dará cumprimiento ao deber de secreto profesional.

É importante destacar que, como recolle o Convenio, o uso desta plataforma é voluntario para o/a avogado/a que desexe empregala; ademais, o servizo terá un coste para o/a avogado/a que empregue a aplicación e por outra parte para a aseguradora. O coste para o/a avogado/a é de 1€ por trámite que realice e 3€ por certificado (certificado para aportar en xuizo), cantidades que inclúen o IVA.

Así mesmo, destacar que dentro do convenio foi incluído que este servizo non terá coste para os/as avogados/as cando estén actuando en defensa dun beneficiario do dereito de Xustiza Gratuita, facilitando a defensa dos/as avogados/as que estén actuando baixo estas condicións.

Está a disposición de todos/as os colexiados/as un banner nesta misma páxina web onde se pode acceder a dita plataforma; tamén é posible acceder a través da seguinte ligazón:

RECLAMACIÓN ACCIDENTES DE TRÁFICO

As  consultas de funcionamiento ou incidencias na aplicación serán atendidas directamente a través desta conta de correo, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .