Lexnet

En referencia ao feito de ter que adxuntar un anexo e/ou crear un novo índice ao presentar documentación a través de lexnet, infórmase de que, non é preciso adxuntar o anexo que se viña adxuntando ao principio, e que o índice ao que se refire o art 9 do Real Decreto 1065/15 é o que xera lexnet automáticamente.

Non obstante, para o caso de exceso de cabida e de ter que presentar documentación en formato dixital na oficina de rexistro e reparto, sí será precisa a creación dun índice para dita documentación.