Asistencia Xurídica Gratuita

Regulamento quenda de oficio e asistencia letrada ICA Ourense

Descargar PDF

reglamentoTurnoOficio

 

Carta de dereitos e deberes - AXG

img04

Acceso á xustiza e xustiza gratuíta

O acceso á Xustiza é un dereito básico recoñecido tanto na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, como no Convenio Europeo de Dereitos Humanos. 

É un dereito constitucional que comprende a asistencia xurídica gratuíta de quen carencen de recursos suficiente para litigar e afecta a outros fundamentais como os de igualdade, asistencia letrada ao detido, defensa e tutela xudicial efectiva.

É un servizo público financiado con fondos igualmente públicos, cuxa xestión está encomendada legalmente á Avogacía de forma exclusiva, respecto da defensa xurídica, e á Procuradoría, para a representación do cidadán.

img05

Quen ten dereito á xustiza gratuíta?

Teñen dereito á Asistencia Xurídica Gratuíta, ademais de certas entidades de utilidade pública, as persoas físicas cuxos ingresos non superen, por unidade familiar, o dobre do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), o que en 2011 supón 14.920'28 euros anuais (consultar para revisión anual: www.iprem.es).

Excepcionalmente, pode recoñecerse o dereito a persoas que superen a devandita cifra, sen exceder do dobre, se teñen cargas económicas ou familiares extraordinarias. E, por contra, pode denegarse aínda sen alcanzar tales ingresos, se existen signos de riqueza que deban terse en conta.

img06

Onde dirixirse?

Quen desexen acceder ao dereito á Xustiza Gratuíta deben dirixirse aos Colexios de Avogados, encargados da xestión e organización dos Servizos de Orientación Xurídica (que tramitan as solicitudes de Xustiza Gratuíta), así como da Quenda de Oficio (que integran profesionais libres e independientes a fin de prestar os seus servizos para quen o soliciten, con respecto ás normas deontolóxicas da Avogacía.

img00

Que dereitos teño ante o servizo de orientación xurídica?

1

Quen pretenda solicitar a asistencia xurídica gratuíta pode acudir, sen custo ningún, ao Servizo de Orientación Xurídica (S.O.X.) dos Colexios de Avogados onde ten dereito a:

  • Unha atención adecuada, en dependencias dignas e horarios prefixados.
  • Recibir información sobre os requisitos para o recoñecemento do dereito á xustiza gratuíta: económicos, documentos a presentar, prazos, etc.
  • Asesoramento e orientación previos ao proceso, que inclúen unha análise inicial sobre se é viable a pretensión que se quere exercitar.
  • Ser auxiliado na redacción do modelo de solicitude do dereito.
  • Que se resolva de forma expresa a súa solicitude de asistencia xurídica gratuíta, ben recoñecendo ou ben denegando de forma provisional o dereito, así como que a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta dite resolución que confirme ou revogue a do Colexio de Avogados.
  • Impugnar xudicialmente tal resolución se non está de acordo con ela.
  • Que se lle informe das consecuencias da denegación do dereito á asistencia xurídica gratuíta.
img01

Ata onde chega o meu dereito?

2

Toda persoa á que se recoñeza o beneficio á Asistencia Xurídica Gratuíta ten, entre outros, os seguintes dereitos:

  • Designación de Avogado e Procurador de Oficio en procedementos en que sexa obrigatoria a súa intervención. Se a intervención letrada non fose preceptiva, pode solicitar do Xulgado que, motivadamente, interese do Colexio de Avogados a súa designación.

* Tamén pode acudir ao procedemento con profesionais da súa confianza, ben abonándolles os seus honorarios, ben renunciando estes a o seu cobro, sen perder o resto dos beneficios da Xustiza Gratuíta.

  • Asistencia pericial gratuíta cando for precisa.
  • Dereito a dispor de intérprete na súa lingua orixinaria.
  • Exoneración do pago de costas procesuais de serlle impostas en xuízo, salvo que en prazo de tres anos veña a mellor fortuna (cuádruplo do IPREM).
  • Exención do pago de taxas para interpor recursos.
  • Inserción gratuíta de edictos ou anuncios en xornais oficiais.
  • Reducción de aranceis de Notarías e Rexistros, e no caso de que os ingresos anuais do cidadán sexan inferiores ao IPREM, a súa exención.

Dereitos con respecto á asistencia letrada

3

O profesional de Oficio designado polo Colexio de Avogados deberá reunir os requisitos de experiencia e de formación que lles son esixidos previamente.

4

A asistencia letrada será gratuíta, salvo nos seguintes casos, en que deberá abonar ao profesional os seus honorarios polo traballo realizado:

  • Que non se lle recoñeza o dereito á Asistencia Xurídica Gratuíta.
  • Que venza no preito sen imposición de costas procesuais. Nese caso deberá abonar tales honorarios sempre que non excedan da terceira parte do obtido. Se excederen reduciranse ao que importe dita terceira parte, atendéndose a prorrata as súas diversas partidas.
  • Que veña a mellor fortuna nos termos anteriormente indicados.

5

A recibir atención coa inmediatez que o caso requira, en forma e lugar adecuados. A tal fin, deberá pór canto antes a disposición do profesional, toda a información e documentación de que dispoña, prestarlle a súa colaboración dilixente e facilitarlle a súa localización e calquera cambio de enderezo ou teléfono de contacto.

6

A ser informado polo profesional sobre se a súa pretensión é viable e, se este considéraa inviable, a que emitan un ditame o Ministerio Fiscal e o Colexio de Avogados. Se algún deles considerase que a pretensión é viable terá dereito á designación dun segundo profesional para quen será obrigatoria a defensa do caso; se ambos confirman que é inviable, desestimarase a solicitude.

7

A ser informado sobre o estado do procedemento, e das resolucións ditadas no mesmo e, no seu caso, sobre a procedencia dos recursos que poidan interporse.

8

A formular ante o Colexio de Avogados calquera queixa que puidese suscitar o Servizo de Orientación Xurídica ou a intervención do profesional asignado.

9

Os Colexios de Avogados velarán polo correcto funcionamento, calidade e continuidade do servizo e han resolver as queixas que reciban e comunicar ao afectado a decisión adoptada.

img02

Extensión do dereito

A asistencia Xurídica Gratuíta esténdese a todos os trámites, incidencias e recursos en relación co procedemento para o que lle foi recoñecida, incluída a execución da resolución xudicial durante dous anos.

Atención aos máis vulnerables

10

Existen medidas especiais para certos colectivos con maior grao de vulnerabilidade.

  • Mulleres vítimas de violencia sexista: aquelas que o soliciten recibirán asistencia xurídica, inmediata e especializada, mediane un réxime de gardas de 24 horas establecido en todos os Colexios de Avogados. A devandita asistencia será gratuíta cando se acredite posteriormente o cumprimento dos requisitos indicados con anterioridade.
  • Estranxeiros: teñen dereito á xustiza gratuíta en igualdade de condicións que os cidadáns nacionais e, ademais, nos procedementos administrativos sobre solicitude de asilo ou que poidan levar á denegación de entrada, a devolución ou a expulsión do territorio nacional.
  • Traballadores e beneficiarios da Seguridade Social: á marxe dos seus ingresos, teñen Asistencia Gratuíta na orde social para a súa defensa en xuízo e para a efectividade dos seus créditos laborais na orde mercantil.
  • Persoas con discapacidade e incapacidade permanente, total, absoluta ou gran invalidez e familias numerosas de categoría especial: poden gozar da Xustiza Gratuíta aínda que os seus recursos e ingresos sexan superiores ao dobre do IPREM, se non cuadruplican esa cifra.
  • Menores de idade: teñen dereito a un avogado especializado nos procesos nos que se lles pretendan esixir responsabilidades penais.
  • Detidos: o dereito á asistencia ao detido é un dereito constitucional garantido por un servizo de garda de 24 horas establecido en todos os Colexios de Avogados.

Deberes do cidadán ante a xustiza gratuíta

img03

A Asistencia Xurídica Gratuíta é un servizo público financiado con fondos públicos, polo que:

1

Non se debe solicitar o beneficio da Xustiza Gratuíta no caso de non cumprir os requisitos legais anteriormente expostos e debe facerse sempre sobre a base do fiel reflexo da súa situación económica real.

2

Este dereito debe utilizarse con responsabilidade coa finalidade de que poidan beneficiarse do mesmo todas as persoas que realmente o necesiten

3

Obrigación de achegar toda a información e documentación requirida polo SOX ou servizos colexiais para tramitar a solicitude de Xustiza Gratuíta.

4

Debe gardar respecto e a debida consideración ao profesional designado.

5

Así como facilitarlle a información e documentación que precise para cumprir a súa función, prestarlle dilixente colaboración e facilitarlle a súa localización en todo momento.

6

Debe abonar o custo dos honorarios profesionais polos servizos recibidos nos casos en que legalmente proceda, antes indicados.

7

Debe pór en coñecemento do Colexio de Avogados o incorrecto funcionamento de calquera dos servizos ou actuacións que integran a asistencia xurídica gratuíta.

 

Asistencia xurídica gratuita (AXG)

O Servizo de Orientación Xurídica (SOX) do Colexio de Avogados de Ourense foi creado coa finalidade de asistir e asesorar a todos aqueles cidadáns que teñen dereito ao beneficio de Asistencia Xurídica Gratuíta (AXG), segundo o establecido na Lei 1/96 do 10 de xaneiro e polo Decreto 269/2008 do 6 de novembro, polo que se aproba o regulamento de asistencia xurídica gratuita da CCAA de Galicia.

Este Servizo de Orientación Xurídica é atendido polo persoal administrativo do Colexio e por 8 avogados/as da Comisión de asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio.

Ler máis...
 

Información

Atención ao cidadán

Se carece de bens suficientes para iniciar un xuízo ou para defenderse nun procedemento iniciado contra vostede, informámolo a continuación dos requisitos e pasos que debe seguir para acceder á xustiza gratuíta.

Ler máis...
 

Modelo normalizado de solicitude

Descarga do modelo normalizado para a solicitude de Asistencia Xurídica Gratuíta.

Ler máis...
 


Páxina 1 de 2