Tasas xudiciais


Formulario Renuncia Pago Tasas

Formulario (PDF):

Formulario

No caso de non poder visualizar o ficheiro, pode descargar un visor aquí.

 

Acordo Xunta de Goberno sobre as Tasas Xudiciais 15/11/2012

Ourense a 15 de novembro de 2012.

Estimados compañeiros e compañeiras:

Para informarvos do seguinte.

A Xunta de Goberno do Colexio, en reunión extraordinaria celebrada o pasado día 14 de novembro, á que foi invitado a participar o presidente da Agrupación de Abogados Jóvenes, acordou, ante a previsible entrada en vigor da lei a vindeira semana, o seguinte.

1.- Organizar no momento oportuno (posiblemente unha vez se vaia coñecendo o nefasto resultado da lei) unha concentración en Santiago de Compostela de toda a Avogacía Galega.

2.- Estase ultimando un traballo técnico/xurídico co obxecto de ofrecer xa articulado un texto para presentar cuestións de inconstitucionalidade por parte de xuíces de todo o Estado español que sabemos están comprometidos a elo.

A base do mesmo radica nunha sentencia do T.C (20/2012 de 16 de febreiro de 2012, cuestión de inconstitucionalidade 647-2004) que plantexa un xuíz de A Coruña sobre a indefensión que provocaba a anterior Lei de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e que lle foi desestimada, pero sobre a argumentación de que 1.- Que esa lei unicamente afectaba a dous das cinco ordes xusrisdiccionais (civil e contencioso) 2.- Que o importe da tasa é módico e non impide o acceso á xustiza 3.- Que a tasa só gravaba ás entidades mercantís con elevado volume de facturación. É DICIR, TODO O CONTRARIO DA QUE AGORA SE PRETENDE IMPRANTAR, xa que afecta a practicamente todas as ordes xurisdiccionais, as contías son exhorbitadas e en suma son un impedimento que fai disuadir aos cidadáns de acudir aos tribunais. (sentencia íntegra)

3.- Polo exposto, acordouse igualmente instar dende o Colexio, de todas as Institucións e persoas lexitimadas, a que presenten recursos de Inconstitucionalidade da Lei.

4.- Elaborarase uns modelos de reclamación das tasas xudiciais aboadas unha vez (coma é previsible) que os prazos por parte da Administración de Xustiza non se cumpran. Se a tasa ten a súa razón de ser no pago dun servizo e este é deficitario, debe de intentarse a devolución da tasa. El modelo subirase á web para facilitar o traballo a quen queiran utilizar esa vía.

5.- Por último acordouse a adhesión do Colexio ao colectivo de xuíces e traballadores da Administración de Xustiza en xeral, en todas aquelas reivindicacións que contribúan a unha mellora na prestación do Servizo Público, interese común que nos une a todos, participando así nas concentracións que ese colectivo poida levar a cabo.

Un saúdo

A secretaría técnica do ICA Ourense

 

Concentración contra as taxas xudiciais

DSCF0248

Ourense, a 31 de outubro de 2012

 

Manifestación dos avogados contra as taxas xudiciais

Con desprezo do principio constitucional de tutela xudicial efectiva, o Goberno pretende aliviar a carga de traballo dos tribunais polo método antidemocrático de restaurar as taxas, que foran abolidas en 1986.

O acceso ao Xuiz vai resultar moi oneroso nalgúns casos (exemplo: apelación, taxa = 800 €) e imposible, noutros (exemplo: recurso contra unha multa de 100 €, taxa = 200)

Definitivamente, a 2ª e ulteriores instancias son tratadas economicamente coma un puro capricho do consumidor, ata ao punto de que, por primeira vez na historia, imponse unha taxa para os recursos de suplicación en materia laboral.

A diferenza con gravames semellantes – depósitos – a taxa é un tributo que non está suxeito a devolución no caso de progresar a acción procesual, senón que ingresa definitivamente no erario público.

O proxecto de lei mereceu a crítica do CGPJ, de tódalas asociacións de xuíces, do Consejo de Estado e do Consejo General de la Abogacía Española, ao cal non se lle deu o trámite de audiencia.

A opinión pública debe reparar no feito de que a vítima deste abuso e a cidadanía que - logo de ter sufragado o custo da Admón. de Xustiza cos seus impostos - cando lle toque valerse dela, vai topar contra un obstáculo económico que se lle opón intencionadamente, posto que o Ministerio xa defende a súa iniciativa precisamente polo efecto disuasorio que se lle vaticina. Non se formará a máis xuíces, senón que se lle poñerán barreiras a aqueles cidadáns que non poidan aspirar á xustiza gratuíta.

O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA e os 7 Colexios de Galicia convocan concentracións de protesta no punto máis emblemático para a Administración de Xustiza en cada Partido xudicial, para levalas a cabo:

Venres, 9 de novembro

Ás 12 horas

En defensa da cidadanía, non ás taxas xudiciais.

Consello da Avogacía Galega