O proceso electoral desenvolverase no local colexial, sen interrupcións dende as 10:00 horas ata as 20:00 horas, momento no que votarán os e as electores presentes que aínda non no tiveran feito e máis as persoas que compoñan a Mesa Electoral, procedéndose de seguido ao escrutinio, publicación dos resultados e proclamación dos candidatos e candidatas elexidas.
A Mesa Electoral, ao seguinte día da finalización do prazo de presentación de candidaturas, proclamará candidatos e candidatas a quen reúna os requisitos esixibles e considerará electas a aqueles non teñan opoñentes.
Fanse as seguintes precisións.
PRIMEIRA.- Os cargos estatutarios a anovar serán os seguintes:
1.- Decana/o
2.- Vogal 1 (Vicedecana/o)
3.- Secretaria/o
4.- Bibliotecario/a*
5.-Tesoureiro/a*
6.- Vogal 2
7.- Vogal 3 *
8.- Vogal 4*
9.- Vogal 5*
10.- Vogal 6
O mandato dos membros da Xunta de Goberno ten unha duración de 5 anos, como dispon o artigo 47 dos Estatutos.
* Convócanse estes cargos estatutarios dada a renuncia das e dos seus antigos titulares efectuada o día 17/10/2024 e por o tempo que lles reste de mandato segundo o disposto no artigo 48 do Estatuto Colexial.
SEGUNDA.- Serán electores todos os colexiados e colexiadas con máis de tres meses de antigüidade dende a data da súa incorporación. Serán elixíbeis, para o cargo de Decana/o os colexiados ou colexiadas exercentes, e para os demais cargos os ou as electores residentes no Colexio de Ourense, cumprindo os requisitos do art. 79 do EXAE (non estar condenados en sentencia firme que leve consigo inhabilitación, non ficar sancionado e non rehabilitado en calquera Colexio da Avogacía, e non ser membro de órgano reitor doutro Colexio profesional).
O voto dos colexiados e colexiadas en exercicio terá dobre valor que o dos non exercentes, situándose dúas urnas separadas ao efecto.
TERCEIRA.- De acordo coa Lei de Colexios Profesionais de Galicia establécese o voto por correo. O seu desenvolvemento, precísase a continuación:
1) O colexiado ou colexiada que desexe votar por correo deberá solicitalo mediante escrito ao Colexio manifestando a súa intención. Dita solicitude poderá facela persoalmente -previa identificación- no local colexial, por correo certificado axuntando fotocopia do seu DNI., ou por medio de escrito asinado dixitalmente e remitido ao enderezo electrónico de secretaria@icaourense.com
2) Tan axiña como se proclamen as candidaturas enviaranse ao enderezo profesional do colexiado ou colexiada as papeletas e sobres oficiais, xunto cun impreso no que fará constar os seus datos e que asinará persoalmente. De seguido o remitirá, xunto co sobre pechado contendo o seu voto, en forma certificada con acuse de recibo ao Colexio da Avogacía a atención da mesa electoral.
3) Non serán válidos os votos que non se axeiten ao anterior, e os emitidos en papel ou sobre distinto ao oficial, e os que conteñan calquera anotación que vulnere o segredo do voto. Admitiranse todos os votos que se reciban ata as 20:00 horas do día da votación.
CUARTA.- As candidaturas poderán ser individuais a un cargo en concreto ou colectivas para a totalidade dos cargos.
QUINTA.- Aos candidatos/as seralles facilitado o censo colexial aos estritos efectos de que poidan dirixirse a os electores e electoras de cara a este proceso electoral
SEXTA.- Poderán presentarse candidaturas ata un mes antes das eleccións. Polo tanto, a data na que remata dito prazo é o día 19 de novembro de 2024 ás 00:00h. Ningún colexiado ou colexiada poderá presentarse a máis de un cargo.
Índice ficheiros adxuntos:
Adxunto 3: Candidatura Alberto Blanco García.
Adxunto 4: Candidatura Ángel Fernández Cebrián.
Adxunto 5: Candidatura Marta Gómez Álvarez.
Adxunto 6: Papeleta votación.
Adxunto 8: Convocatoria eleccións asinada.