Entra en vigor a Lei de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza

A Lei de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza, que dotará á avogacía dun rol clave nos Medios Adecuados de Solución de Controversias (MASC), foi publicada no BOE o venres 3 de xaneiro.

Con esta norma será imprescindíbel demostrar nos procesos civís e mercantís que se intentou realizar unha negociación previa para eludir o pronunciamento da Xustiza, polo que os avogados e as avogadas, coa súa capacidade para alcanzar acordos entre as partes, xogarán un papel fundamental para reducir o volume de litixios.

Tamén está contemplado xa no texto definitivo que, no caso de condena en costas a favor do litigante que foi asistido por un profesional do Turno de oficio, esas costas deberán abonarase directamente ao avogado ou avogada e non ao seu cliente. Loxicamente, nestes casos o letrado ou letrada deberá devolver o recibido a través do Turno.

O Consello Xeral da Avogacía manifestouse reiteradamente a favor dos denominados Medios Adecuados de Resolución de Controversias (MASC), sempre poñendo aos profesionais da avogacía no centro do proceso de diálogo, pois son os que acumulan máis experiencia nos procesos de resolución sen chegar aos tribunais.

Esta Lei, na súa disposición final décima, contempla diferentes modificacións da Lei de Asistencia Xurídica Gratuita.

Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.

Sede ICA Ourense

Atención ó público

Calle Concello, 22 Bajo
32002 Ourense

988 210 076

secretaria@icaourense.com

988 370 746

Horario

Oficina ICA Ourense

Xulgados

Calle Velazquez, s/n

618 806 558

Horario