Oficio dos Ilustres Colexios da Avogacía e da Procuraduría de Ourense

DECLARACIÓN DE DÍAS INHÁBILES POR APAGÓN


Os Ilustres Colexios da Avogacía e da Procuraduría de Ourense, ante a situación acontecida os días 28 e 29 do presente mes, e os problemas que a falta de subministración eléctrica provocou nos desprazamentos e comunicacións, así como as dificultades nos sistemas dixitais empregados polo Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia, consideran imprescindible a adopción das seguintes medidas:

  1. A necesidade de declarar inhábiles, para todos os efectos procesuais, os días 28 e 29 de abril de 2025, xa que os profesionais da avogacía e da procuraduría —do mesmo xeito que o resto da cidadanía— non puideron desenvolver o seu traballo en condicións de normalidade, o que supón un prexuízo para o exercicio efectivo do dereito de defensa.

  2. En todo caso, que a inasistencia de calquera profesional a un sinalamento xudicial supoña a suspensión inmediata do acto programado, entendendo que a súa ausencia é consecuencia da situación crítica na que nos atopamos.

Agradecendo a comprensión, entendemos que estas medidas son imprescindibles para garantir de maneira efectiva os dereitos da cidadanía.

Ourense, 30 de abril de 2025.

Marta Gómez Álvarez
Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense

Ana María López Calvete
Decana do Ilustre Colexio de Procuradores de Ourense

Sede ICA Ourense

Atención ó público

Calle Concello, 22 Bajo
32002 Ourense

988 210 076

secretaria@icaourense.com

988 370 746

Horario

Oficina ICA Ourense

Xulgados

Calle Velazquez, s/n

618 806 558

Horario