Día da Xustiza Gratuíta e Quenda de Oficio.

Nun ano marcado pola pandemia, os 360 profesionais da avogacía de oficio da provincia de Ourense seguiron prestando os seus servizos asumindo riscos persoais que ían máis alá do seu deber profesional na fase máis aguda da pandemia.

Grazas ao labor destes profesionais de oficio que antepuxeron o seu deber moral e legal ás súa seguridade persoal, ningún cidadán ben estivese privado de liberdade ou ben fose unha muller vítima de violencia de xénero que requirise a presenza dun avogado/a de oficio viuse privado da súa asistencia.

Nun ano caracterizado pola paralización da xustiza durante os meses de confinamento, a avogacía de oficio de Ourense prestou 2670 asistencias e foi designada en 1984 procedementos.

Aínda así, as cantidades percibidas polos profesionais de oficio no ano 2020 polos asuntos e asistencias xustificadas alcanzaron o importe de 1.066.033,21 €.

Sede ICA Ourense

Atención ó público

Calle Concello, 22 Bajo
32002 Ourense

988 210 076

secretaria@icaourense.com

988 370 962

Horario

Oficina ICA Ourense

Xulgados

Calle Velazquez, s/n

988 370 746

Horario