O pasado día 12 de xullo celebráronse os actos con motivo do día da Xustiza Gratuita e da Quenda de Oficio. A xornada comezou coa asistencia de diversos medios de comunicación á rolda de prensa celebrada nas instalacións do noso colexio na que, ademáis de por en valor o esforzo e labor da avogacía de oficio, revindicáronse todas aquelas melloras polas que se leva tempo loitando, así como as relativas á quenda de oficio aprobadas en Xunta Xeral Extraordinaria celebrada en data 8 de xuño.
Sen perder o ton reivindicativo, a festividade rematou no Teatro Principal de Ourense da man do grupo musical Etiqueta Negra; acto no que se procedeu á lectura dun manifesto por parte da nosa vicedecana de posta en valor da avogacía de oficio, solicitando novamente as melloras nas condicións nas que traballan as compañeiras e compañeiros integrantes da quenda de oficio.