O Consello Xeral da Avogacía Española da comezo ao novo curso xudicial cunha intensa actividade de conversas tanto co goberno en funcións coma cos distintos grupos políticos, co obxeto de acometer á maior brevidade solucións aos problemas que preocupan á nosa profesión tales coma melloras en materia de conciliación, Lei do Dereito de Defensa ou a incorporación ás remuneracións da Quenda de Oficio e á Xustiza Gratuita de supostos non contemplados en algúns territorios. Ademáis dende o Consello continúan cos contactos para materializar a demanda aprobada no Pleno de xuño relativa aos mutualistas alternativos con pensións afastadas da cantidade mínima que recibirán os pensionistas acollidos ao RETA.; así coma ca análise xurídica e viabilidade económica da chamada pasarela a este sistema por parte dos mutualistas alternativos.