O pasado venres 29 de setembro, o Consello da Avogacía Galega presentou ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito no que se solicitaba unha nova reunión para negociar a actualización dos conceptos e contía do Baremo da Quenda de Oficio, e para actualizar o sistema de finanzamento da infraestructura colexial para a prestación dese servizo público.
No mesmo escrito insístese na reiterada reivindicación de incrementar a partida orzamentaria asignada á Xustiza Gratuíta nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024.