Historia

Dende a súa constitución, no século XIX, o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, buscou participar activamente na defensa dos intereses da nosa provincia e na mellora da vida de quen nela habitan. Xeracións de letrados e letradas formaron parte do mesmo e a elas debémoslles moito no que conseguiron para a dignificación da nosa profesión.

O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, representa parte da historia xurídica e social da provincia de Ourense, onde pasado, presente e futuro de membros deste colectivo, xúntanse na defensa dos dereitos e intereses da cidadanía e daqueles que lles son propios, conforme aos principios deontolóxicos que guían a nosa profesión e a nosa actividade.

Este Colexio, conta a día de hoxe con 1530 persoas colexiadas das cales 838 son colexiados e colexiadas non exercentes e 692 son os nosos avogados e avogadas exercentes na provincia.

Desde as dependencias colexiais de cálea Concello e o Edificio Xudicial, e a través da nosa páxina web, pretendemos prestar mellores servizos ao noso colectivo e cidadanía.

Sede ICA Ourense

Atención ó público

Calle Concello, 22 Bajo
32002 Ourense

988 210 076

secretaria@icaourense.com

988 370 746

Horario

Oficina ICA Ourense

Xulgados

Calle Velazquez, s/n

618 806 558

Horario