Máster en Avogacía

A Lei 34/2006, do 30 de outubro, de Acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais (BOE núm. 206, do 31 de outubro de 2006) e o Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño (BOE núm. 143, do 16 de xuño), que desenvolve a Lei 34/2006, esixen a superación dunha formación específica e unha posterior avaliación para a obtención do Título profesional de Avogado que capacite para o exercicio da profesión.

Tanto a Universidade de Vigo, a través da Facultade de Dereitos de Ourense, como o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, teñen entre os seus obxectivos a formación de quen pretende exercer a profesión de Avogado ou Avogada.

O Máster de Acceso á Avogacía está organizado conxuntamente polo Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense e a Universidade de Vigo, a través da Facultade de Dereito de Ourense, en cumprimento da Lei 34/2006 e  RD 775/2011. Trátase dun Máster de carácter obrigatorio para novos titulados que desexen exercer a Avogacía en España, cunha clara orientación profesional.

O Máster impártese de maneira presencial, nun 50% por profesorado da Universidade e noutro 50% por profesionais da Avogacía, na Facultade de Dereito de Ourense, así como tamén na sede do Ilustre  Colexio dá  Avogacia de Ourense.

O Máster conta cunha  Coordinadora Académica, a Dra. Dores Fernández Fustes (Universidade), e un Coordinador Profesional,  D. Benjamín Maio Martínez ( ICA Ourense). A este último correspóndelle elaborar a proposta do Plan de Prácticas  e o seu Cronograma, así como a designación dos Titores de Prácticas, que posteriormente deberán ser aprobados pola Comisión Académica.

Nos dous anos de duración do Máster, o alumnado realizará o primeiro curso/ano un período de Prácticas Externas Básicas de 135 horas de duración (6  ECTS) en distintos despachos colaboradores e Institucións que, xeralmente, adoita ser no mes de maio. Durante o segundo curso/ano o período de Prácticas Externas Longas ten unha duración de 570 horas (24  ECTS).

Para obter información adicional sobre o contido e desenvolvemento do Máster, poderá consultarse a páxina web da Facultade de Dereito de Ourense http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/

Sede ICA Ourense

Atención ó público

Calle Concello, 22 Bajo
32002 Ourense

988 210 076

secretaria@icaourense.com

988 370 962

Horario

Oficina ICA Ourense

Xulgados

Calle Velazquez, s/n

988 370 746

Horario