Servizo de Atención as Mulleres Vítimas de Violencia Sexual

O mes de agosto de 2022  asinouse un convenio entre o Consello da Avogacía Galega e a Xunta de Galicia a medio do cal se garante a atención xurídica gratuíta ás mulleres vítimas de violencia sexual, nos supostos nos que non sexa de aplicación o art. 20 da lei 1/2004 de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Infórmase a vítimas e a todas as partes que poidan chegar a ter coñecemento de situacións de agresións a mulleres como vítimas de violencia sexual, que teñen á súa disposición asesoramento gratuíto nos termos do obxecto do convenio citado

OBXECTO DO CONVENIO. Garantir que as vítimas dispoñan dun profesional da avogacía especializado en delitos contra a liberdade sexual, que as asista en relación coa denuncia, asesoramento xurídico e acompañamento inicial, con independencia da capacidade económica da vítima.

Consiste por tanto a prestación do servizo no asesoramento xurídico e orientación profesional iniciais, asistencia legal na práctica das primeiras dilixencias e na interposición da denuncia, de ser o caso, así como a presenza letrada inicial ante o órgano policial, xudicial ou outros. NON comprende a posterior dirección técnica no proceso que poderá  entanto ser interesada solicitando a vítima o beneficio de xustiza gratuíta cuxo recoñecemento estará supeditada ás condicións xerais para a súa obtención.

CANDO SE PRESTA A ASISTENCIA: A atención letrada e dispoñibilidade dos colexiados e colexiadas  prestarase os 365 días do ano en toda a provincia de Ourense. A tención e información pode solicitarse directamente todos os días en horario de 9:00 h a 23:00 h. no tlf. 988 37 07 46 ou persoalmente  na  propia sede do Colexio dá Avogacía en Concello 22 baixo en horario laboral. A listaxe que se une de profesionais o é para aqueles supostos urxentes a partir de 23:00 h. a 9:00.h

QUEN PODE COMUNICAR A INTERVENCIÓN. A Vítima ou o órgano (centro de saúde,comisaría, Garda Civil, colexios de ensino etc.) coñecedor da situación de violencia sexual que lle informará deste dereito para que o comunique ao Colexio e poida ser orientada, sen prexuízo que de ser necesaria a inmediata intervención profesional chámese ao Colexio ao tlf. citado  988 37 07 46 no horario suliñado.

Listado Avogados
Parte agresión sexual

Sede ICA Ourense

Atención ó público

Calle Concello, 22 Bajo
32002 Ourense

988 210 076

secretaria@icaourense.com

988 370 746

Horario

Oficina ICA Ourense

Xulgados

Calle Velazquez, s/n

618 806 558

Horario