Día histórico para o colectivo: o Congreso inicia a reforma que permitirá a pasarela ao RETA
Tras dous anos de intensa reivindicación, o 6 de maio marca un día histórico para quen loitaron polo dereito a integrarse no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). A actual Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense celebra con orgullo este importante avance cara a unhas pensións dignas para todos os profesionais, froito do esforzo colectivo e da persistencia na defensa dos dereitos fundamentais.